7 lucenses reciben asesoramento individualizado no V Campus de Emprendemento

O Presidente do Executivo Provincial, Darío Campos Conde, mantivo esta mañá un encontro cos 7 lucenses participantes no V Campus de Emprendemento Sostible, que o Goberno da Deputación ofrece a veciños interesados en emprender dándolles formación gratuíta. Campos Conde acompañounos na visita que realizaron á empresa Idoia Cuesta, situada no Concello de Outeiro de Rei, para coñecer de primeira man un modelo de negocio sostible e asentado no rural lugués.

Son 7 lucenses os que ao longo desta semana están a recibir de xeito totalmente gratuíto formación, asesoramento individualizado e coñecemento sobre proxectos exitosos, co obxectivo de poñer en marcha os seus propios establecementos en calquera dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.

Campos Conde lembrou que “as catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, pois continúa o asesoramento para a posta en marcha de máis proxectos empresariais, a xeración dun total de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués. Agardamos que con esta quinta edición do Campus xurdan novas iniciativas coas que poñer en valor as Reservas Lucenses e que contribúan a fixar poboación no rural, pois as empresas creadas xa contribuíron a xerar riqueza en 10 Concellos lucenses”.

As accións formativas postas en marcha polo Goberno da Deputación contemplan, nunha primeira fase, os elementos principais a ter en conta á hora de abrir unha empresa, as oportunidades de negocio na provincia, ou os proxectos exitosos postos en marcha. Na segunda fase, traballase a maduración da idea empresarial de cada un dos participantes,
analizando, por exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade económico-financeira a 5 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com