" />

75 casos activos por coronavirus na área de Lugo

Un día máis continúan baixando os casos activos por Covid-19 na provincia de Lugo. Nas últimas 24 horas e segundo indica a  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.171, deles 276 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 207 da de Ourense, 57 da de Pontevedra, 339 da área de Vigo, 182 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 permanecen en UCI, 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 126.758.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo