816 é a cifra de infectados por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas a cifra de infectados por coronavirus é de 816 na área sanitaria de Lugo segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización.

Con estes datos serían 6 positivos máis que onte, pero en realidade son 32 novos casos activos, xa que nas últimas horas, 24 persoas recibiron á alta e houbo que lamentar o falecemento de 2 persoas.

En canto o número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.243 deles 1.434 son da área da Coruña, 459 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 688 da de Santiago, e 159 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 4.028 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.792 persoas curadas, rexistrándose 662 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos, que estaba ingresado no CHUS, e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 367.340.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com