" />

87 novos positivos por Covid-19 nas últimas horas na área sanitaria de Lugo

Novo incremento de positivos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Nas últimas horas detectáronse 87 novos positivos, 18 deles están relacionados co brote da residencia de A Pastoriza que duplicou o número de casos pasando a ter 36 infectados. Con estes datos a provincia de Lugo sitúase cun total de 699 casos activos por Covid-19.

No que se refire ao total en Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que os contaxios vólvense a disparar rexistrándose case 800 novos positivos nas últimas 24 horas, e que fan un total de 7.392; deles 1.696 son da área da Coruña, 699 da de Lugo, 856 da de Ourense, 724 da de Pontevedra, 1.330 da área de Vigo, 1.650 da de Santiago, e 437 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 6.987 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.172 persoas curadas, rexistrándose 1.441 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.168.006. O numero de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 24.750.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo