88 equipos de 1ª e 2ª División Feminina, Preferente Autonómica Masculina, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica Masculina participaran este ano na Copa Deputación de Lugo.
A competición, que comezará o 7 de xaneiro, ofrece aos equipos a posibilidade de participaren nunha competición de ámbito provincial, con alicientes competitivos diferentes aos das ligas, ao tempo que supón unha inxección económica para os clubs, xa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo premia os equipos por cada eliminatoria xogada (entre 385 e 600 euros) e concede unha contía adicional para os equipos campións e subcampións ( entre 3.000 e 5.000 euros).
O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, sinalou que “o patrocinio desta competición responde ao compromiso da Vicepresidencia da Deputación co tecido deportivo, ao que se ofrece apoio económico con distintas liñas de axuda e tamén oportunidades para competir e seguir formando xogadoras e xogadores” e lembrou que “ao longo do ano se celebran tamén competicións de ámbito provincial noutras disciplinas como o baloncesto, o atletismo ou piragüismo con ese mesmo obxectivo”.
Calendarios:
Liga Galega 1 División Feminina e Liga Galega 2 División Feminina
(10 equipos)
Fase Previa: 11 de febreiro
Cuartos de final: 28 de marzo
Semifinais: 2 de xuño
Final: 9 de xuño
Preferente Autonómica e Primeira Autonómica Masculina
(22 equipos)
Fase Previa: 11 de febreiro
Octavos de final: 28 de marzo
Cuartos de final: 1 de maio
Semifinais: 26 de maio
Final: 2 de xuño
Segunda e Terceira Autonómica Masculina
(56 equipos)
Fase Previa: 7 de xaneiro
Dezaseisavos de final: 11 de febreiro
Octavos de final: 28 de marzo
Cuartos de final: 1 de maio
Semifinais: 2 de xuño
Final: 9 de xuño
Os cadros e horarios publicaranse que na web da Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es)
O acceso aos encontros será libre para as afeccionadas e afeccionados que queiran acudir.
Categorías de base
A Copa completarase, como nas últimas edicións, coas categorías de base, desde prebenxamín ata xuvenil, que xogarán máis avanzada a temporada, en datas aínda por concretar.