A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio financiará con preto de 200.000 euros a mellora da rede de abastecemento da Avenida de Bos Aires e a súa conexión cos núcleos de Viñas da Veiga, Viloalle e Marquide (na parroquia de Masma), en Mondoñedo.
Así llo confirmou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, á alcaldesa da localidade, Elena Candia, coa que mantivo unha xuntanza de traballo en Santiago.O proxecto, que se licitará nun prazo breve de tempo, consistirá no recambio da tubaxe e virá a solucionar a falta de subministro que se producía nalgúns momentos do ano nestes núcleos de poboación.
Ademais, na reunión acadaron outro acordo. En concreto, o departamento autonómico realizará unha intervención para evitar os problemas de inundacións no lugar de San Lázaro. Deste xeito, melloraranse as canalizacións para evitar asolagamentos.

Beatriz Mato mantén unha reunión co alcalde de Mondoñedo. Despacho da conselleira en San Lázaro
foto xoán crespo
03/03/16


