" />
Beatriz Mato mantén unha reunión co alcalde de Mondoñedo. Despacho da conselleira en San Lázaro foto xoán crespo 03/03/16

Medio Ambiente realizará melloras na rede de abastecemento en Mondoñedo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio financiará con preto de 200.000 euros a mellora da rede de abastecemento da Avenida de Bos Aires e a súa conexión cos núcleos de Viñas da Veiga, Viloalle e Marquide (na parroquia de Masma), en Mondoñedo.

Así llo confirmou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, á alcaldesa da localidade, Elena Candia, coa que mantivo unha xuntanza de traballo en Santiago.O proxecto, que se licitará nun prazo breve de tempo, consistirá no recambio da tubaxe e virá a solucionar a falta de subministro que se producía nalgúns momentos do ano nestes núcleos de poboación.

Ademais, na reunión acadaron outro acordo. En concreto, o departamento autonómico realizará unha intervención para evitar os problemas de inundacións no lugar de San Lázaro. Deste xeito, melloraranse as canalizacións para evitar asolagamentos.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo