Normalidade no inicio do curso escolar para 20.000 cativos da provincia de Lugo

Día de volta ao cole para os 20.282 alumnos da provincia de Lugo de infantil, primaria e educación especial. Dende a Xunta salientan a normalidade coa que se desenvolveu esta xornada, na que non se rexistrou ningún incidente de ningún tipo. Hoxe ademais comezaban a funcionar os servizos complementarios de transporte e comedor que xestiona a Consellería de Cultura e Educación.

Por ciclos, na provincia hai matriculados en educación infantil un total de 6.529 alumnos, 13.642 en primaria, e 111 en educación especial. Con todo, son datos provisionais, xa que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro participou esta mañá no inicio do novo curso escolar para os alumnos de educación infantil, primaria e especial. Barreiro compartiu este primeiro día de clase cos alumnos e docentes do C.P.I Ramón Piñeiro de Láncara, onde, acompañada polo alcalde da localidade, Darío Piñeiro, puido constatar in situ que o inicio do curso se produciu con normalidade. Unha normalidade que se fai extensible aos 104 centros da provincia de Lugo que imparten estes ciclos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com