O CEIP Luís Pimentel mellorará este verán a súa eficiencia enerxética

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comeza hoxe as obras de rehabilitación integral do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Luís Pimentel de Lugo, nas que inviste  469.500 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou esta mañá na sinatura da acta de replanteo coa que dan comezo os traballos e destacou a celeridade da tramitación, xa que en apenas 20 días a consellería adxudicou e formalizou o contrato e  iniciou as obras. “A previsión é que se realicen durante o verán, de forma que as instalacións estean completamente listas para o próximo curso”, afirmou o delegado.

As principais obras proxectadas no CEIP Luis Pimentel consisten no illamento da fachada exterior, a substitución das ventás por un sistema de dobre acristalamento con cámara de aire intermedia e o cambio das luminarias existentes por equipos LED, con regulación lumínica e detectores de presenza en zonas comúns. “Todo elo -sinalou Balseiro- redundará nun maior confort das instalacións, pero tamén nun menor consumo enerxético e, polo tanto, na redución de gastos e de emisións contaminantes á atmosfera”.

Os traballos complementaranse con outros de acondicionamento e mellora dos acabados,  tales como o pintado das estancias e acondicionamento dos falsos teitos.

No edificio de Educación Infantil vaise demoler dende un muro de fachada -para facilitar o acceso ao aseo exterior- ata tabiquería, alicatados e solados, e vaise desmontar a    fontanería e os aparellos sanitarios para a completa renovación de instalacións e servizos.

En definitiva, “a comunidade educativa atopará o vindeiro curso un centro renovado, máis cómodo e axeitado ás súas necesidades, e máis eficiente e respectuoso co medio ambiente”, asegurou o delegado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com