O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), José Francisco Real, e a responsable de formación da entidade, María Castro, na que valoraron a marcha do programa integrado de emprego no que colaboran ambas entidades.
A reunión serviu para constatar que esta cuarta edición do programa está a dar resultados satisfactorios; está executado nun 70% -rematará a mediados de novembro- e alcanza xa unha taxa de inserción laboral que ronda o 40%, similar á de anos anteriores. Este dato determina a intención da entidade de continuar apostando por este modelo e solicitar a que sería a quinta edición ao abeiro da convocatoria que xa ten en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria para este exercicio.
O programa DIMO IV proporciona a traballadores desempregados orientación laboral e formación no sector da hostalería e está financiado pola Xunta con 250.000 euros; conta coa participación de 70 persoas no concello de Lugo e 30 no de Monforte,
Tal e como se puxo de manifesto hoxe, a iniciativa está dirixida a mellorar a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, pero tamén pretende contribuír a paliar o problema de falta de persoal cualificado que sufre a hostalería de Lugo, e que se evidencia de forma especial na tempada alta de turismo.
Xunta e APEHL coincidiron en sinalar que a aposta de Galicia por un turismo de calidade esixe que a prestación dos servizos de hostalería sexa tamén de calidade, obxectivo ao que tamén contribúe este programa de emprego.
Ago 09, 2019 - 09:36 PM
250.000 euros por cursito ( que pagamos entre todos ) y ya están solicitando el quinto antes de terminar el cuarto , con una tasa de inserción laboral que ronda el 40% ( dicen ) y vas a los bares y no ves mas que chavalitos sudamericanos ejerciendo de camareros ( los autóctonos son vagos , al parecer ) . Bueno , si hay varios colectivos ¿ empresariales ? mamando de la teta de los cursos de formación , los taberneros no iban a ser menos , desde luego , buenos vinos para brindar por el “éxito” conseguido , pueden aportar entre si .