Acto no Concello de Lugo polo “Día da Galiza Martir”

Concelleiros do Concello de Lugo fixeron unha  homenaxe institucional polo día da Galiza Mártir a todas as persoas represaliadas polo franquismo. No acto, que tivo lugar no Vello Cárcere, a Concelleira de Cultura Maite Ferreiro, afirmou que “hoxe mantemos viva a memoria de todas as persoas que foron asasinadas por defender os seus ideais”. O acto contou coa presenza de Xoán Xesús Rojas, do Ateneo Galeguista, que deu lectura do manifesto e se encargou, xunto coa edil , de realizar unha ofrenda floral na memoria de todas as represaliadas e represaliados polo franquismo.

Tivo que ser no exilio, en Bos Aires, onde a Irmandade Galega instaurou o 17 de agosto como día da Galiza Mártir, coincidindo coa data do fusilamento de Alexandre Bóveda no monte de Caeira”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “as institucións públicas debemos honrar a todas as persoas mártires da liberdade na historia do pobo galego”. “Con esta acción damos un paso máis na rehabilitación da figura de Alexandre Bóveda, quen foi vítima dun falso proceso xudicial en Pontevedra, e de todas as persoas mártires da liberdade que el simboliza na memoria histórica e democrática do noso pobo”,

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Ago 17, 2020 - 04:15 PM

    un tirón de orellas o fotógrafo, hai que abrir mais o campo visual, pois non se ve a naide do PP

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com