Begonte contará cunha pista de pádel

A Secretaría Xeral para o Deporte investiu 20.000 euros na instalación dunha pista de pádel en Begonte. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos acompañado polo alcalde do municipio, José Ulla, e explicou que a Xunta financiou o 80% do orzamento da obra -cifrado en 25.000 euros-, achegando o concello os outros 5.000 euros.

Arias subliñou que o Goberno galego apoia a creación e mellora de infraestruturas deportivas para “satisfacer o crecente interese social existente, especialmente en determinadas modalidades”. Ao respecto, destacou que o pádel é un deporte en auxe e que a oferta de instalacións “debe ser coherente coas demandas de cada territorio, co fin de que cada vez máis persoas realicen actividade física”.

“O obxectivo -apuntou- é que todos os veciños e veciñas teñan a opción de utilizar instalacións de calidade, con independencia do seu lugar de residencia”. Deste xeito, engadiu, “impulsamos o deporte de base, ademais de beneficiar ao conxunto da cidadanía e promover un estilo de vida saudable”.

A pista de pádel era unha das dotacións máis demandadas en Begonte; trátase dunha pista regulamentaria, construída ao aire libre, e dispón de iluminación LED para prolongar as horas de uso.

En total, dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Abr 12, 2021 - 11:49 PM

    ¡Deus meu! Menos mal que está a Xunta de Galicia pa poñer as cousas claras en cales son as necesidades da xente. Anos e anos a xente de Begonte demandando unha pista de Papel. Por fin, Deus existe.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com