A actual portavoz e concelleira do Bloque Nacionalista Galego en Samos, María Xesús López (Chus), foi eleixida por unanimidade pola asemblea local da organización como candidata para ás vindeiras eleccións municipais de maio.
López subliñou,“saímos a gañar para acadar un Samos mellor, nestes anos traballamos en positivo coa presentación de iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Samos, mais agora é o momento de continuar con ese traballo desde a Alcaldía e desenvolver un proxecto de futuro para Samos”
A candidata destacou “estamos confeccionando unha candidatura baseada na experiencia, mais con novas incorporacións, para que desde o minuto un poñamos en marcha un proxecto sólido e rigoroso para sacar o mellor de nós, de todo Samos, un proxecto que ilusione e afiance vida aquí”
Para rematar afirmou “saímos para transformar e acadar o maior benestar á veciñanza de Samos, estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello con firmeza, e o BNG é a única forza capaz de facelo posíbel”