A Feira do Libro de Lugo terá lugar entre os días 13 e 17 de maio

A Federación de Librarías de Galicia desenvolverá entre os días 13 e 17 de maio a Feira do Libro de Lugo, no marco da programación de feiras que organiza a través dun convenio coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento que, como vén sendo habitual, abre o calendario na provincia en coincidencia coa conmemoración do Día das Letras Galegas. No conxunto de Galicia programáronse 13 citas, entre as que figuran outras tres lucenses no mes de agosto: Viveiro do día 12 ao 15, Foz do día 16 ao día 19, e Monforte de Lemos do día 20 ao 23.

A Feira do Libro de Lugo contará con trece casetas instaladas na Praza Maior. Inaugurarase oficialmente ás 18.00 horas do martes, co pregón a cargo da escritora vilalbesa Cecilia F. Santomé. Unha hora despois, Emilio Valadé asina exemplares de “Apuntes de mis paseos por Lugo”.

Nos días seguintes manterán encontros cos lectores autores como Agustín Agra, Óscar Reboiras, Antía Martín, Ana Meilán, Francisco Narla, Lorenzo de Medici, Marta Villar ou Celia Veigas, entre outros.

Paralelamente, prográmanse actividades de teatro, narración oral e outras propostas culturais para todos os públicos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com