Localizado o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Ribadeo

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición da muller no día de hoxe arredor das 12:30 horas. Na súa busca participaron a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribadeo.

Porén, máis tarde, desde o 112 Asturias informaron de que atoparan o corpo da desaparecida no mar, preto do faro da Illa Pancha. Decontado, desde o CIAE 112 Galicia avisouse a Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca II para rescatar á vítima.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com