O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, ven de relacionar a “discapacidade psíquica, intelectual ou física” (considérome afectado directo) cunha “herdanza do pecado” e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carnet de conducir fieis, mitigar males ou redimir cautivos de ignorancia.
O presunto bo pastor parece que rectificou, afirmando que non quería ofender ás persoas con discapacidades. Eu xa non me sinto ofendido como discapacitado. Sintome ofendido como persoa. Da mesma maneira que considero que non está incapacitado para ser bispo, senon como membro de base do xénero humano.
Son amigo, considérome membro en activo, de Aspnais -Asociación Lucense de Pais e titores de persoas con discapacidade. E xa que falo dun bispo, quero recordar que un bispo de Lugo de hai medio siglo, que entón considerábamos retrógrado, Monseñor Ona de Echave, vasco de pura cepa, lles dixo aos de Aspnais: “Estades mellorando a obra de Deus”.
Ás veces oigo bispos, e sintome confortado. Ás veces escoito persoas, neste caso, un bispo ás que había que retirarlles o uso palabra, e pedir – como Victor Manuel nunha canción, que un raio divino o volva normal