O Concello lembra a importancia de cumprir coas restriccións para acceder ao centro histórico

O Concello de Lugo lembra á cidadanía a importancia de cumprir coas restriccións para acceder ao centro histórico establecidas no plan provisional de tráfico. Unha vez rematadas as obras de peonalización e ante a futura entrada en vigor da ordenanza de Zona de Baixas Emisións, o Goberno Local insiste na necesidade de respectar as actuais restriccións, que permiten o acceso ao centro histórico, polas rúas Teatro, San Fernando e Montevideo, aos residentes, propietarios de garaxes, usuarios dos aparcadoiros subterráneos e vehículos autorizados.
Entre estes últimos están os destinados a carga e descarga, que no caso de non superar os 3.500 quilos poderán acceder ao centro polas portas da Estación, Bispo Odoario e de San Fernando, para desenvolver o seu servizo nas zonas habilitadas a tal fin.

Ademais destas restriccións e co obxectivo de favorecer a seguridade de residentes, do tráfico rodado e peonil, a Policía Local intensificará os labores de vixiancia e control nalgúns destes accesos, para un maior cumprimento da actual normativa

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com