Morre unha muller tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Ás 22 horas, o persoal de ADIF alertou ao 112 Galicia de que un tren de pasaxeiros acababa de alcanzar unha persoa no paso a nivel a carón do apeadeiro de Rábade.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencias nada puideron facer pola vida da muller.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com