Os cines Codex estrean esta tarde os filmes “Tres amigas” e “Köln 75”

Este venres, os Codex Cinema estrean os filmes “TRES AMIGAS” e  “KÖLN 75”.

“TRES AMIGAS”,  filme divertido, nominado ao León de Ouro á Mellor película no festival de Venecia.

Sinopse:  Joan xa non está namorada de Víctor e sufre por non estar sendo honesta con el. Alice, a súa mellor amiga, intenta consolala confesándolle que ela tampouco sente paixón pola súa parella, Eric, aínda que a súa relación mantense estable e mesmo vai ben; o que Alice non sabe é que Eric ten unha relación con Rebeca, a súa amiga común. Cando Joan finalmente decide deixar a Víctor e este desaparece sen deixar rastro, as vidas das tres amigas vense sacudidas por secretos, traizóns e revelacións inesperadas.

A outra estrea da semana é  “KÖLN 75”, filme alemán que é un biopic musical e extravagante e moi divertido.

Sinopse: a historia real de Vera Brandes, a icónica moza promotora da escena musical de Colonia nos anos setenta, que arriscou todo para organizar o maior concerto en solitario da historia da música: o lendario Concerto de Colonia (“The Köln Concert”,  1975) do pianista de jazz Keith Jarrett.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com