O PP denuncia que “Maite Ferreiro admitiu que non teñen data para reabrir a Escola de música, tras un curso no que no funcionou nin un só día”

A Escola Municipal de Música de Lugo leva pechada desde o pasado curso académico e, segundo os populares denuncian é ” pola incapacidade do goberno local de garantir un equipo directivo estable”.

Trala dimisión da última dirección, o Concello non adoptou medidas eficaces para cubrir a vacante, nin sequera mediante nomeamento por decreto, que rematou coa renuncia inmediata da persoa designada.

Na Comisión de Cultura celebrada este xoves, o Grupo Municipal do Partido Popular preguntou expresamente polo calendario previsto para reabrir a Escola, incluíndo datas para a matrícula, o nomeamento da dirección e o inicio das clases.

A resposta da concelleira Maite Ferreiro foi : “Trátase dun conflito laboral. Non podemos dar datas. Esperamos que pronto haxa solucións e que funcione con normalidade.”

Para o PP, e en palabras do seu concelleiro Javier Vázquez, esta resposta confirma que a responsable de cultura do BNG “non ten unha folla de ruta clara, non informa ás familias e mantén este servizo bloqueado e sen previsións”.

Consecuencias graves para familias e alumnado

Para Partido Popular, a inacción da concelleira de cultural “está a provocar consecuencias reais e negativas para moitas familias lucenses. Ante a ausencia dunha alternativa municipal operativa, numerosos pais e nais optaron por matricular aos seus fillos no Conservatorio ou por contratar clases particulares en academias privadas. Esta situación supón un  custo económico engadido que non todas as economías poden asumir e que, en definitiva, xera desigualdade no acceso á educación musical. Esta fuga de alumnado non é unha casualidade, senón o reflexo directo da falta de vontade política e da incapacidade para manter servizos culturais públicos activos e accesibles”.

Exixencias do PP

Javier Vázquez “esiximos que o goberno municipal faga público un calendario claro coas datas previstas para o nomeamento dunha nova dirección, a apertura do prazo de matrícula e o inicio do curso, así como que asegure que a nova dirección sexa designada con criterios técnicos e legais. Tamén reclamamos que se informe de forma directa e transparente ás familias afectadas, e que se poña en marcha un plan realista que garanta a estabilidade do profesorado, incluíndo a reclasificación comprometida”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com