O Concello de Lugo presentou a cuarta edición do Lucus Music Fest, unha nova edición da proposta organizada pola asociación Músico Crisanto e que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo que encherá de música as rúas de Lugo entre o 18 e o 23 de agosto.
O festival acollerá ao mesmo tempo masterclass de dirección e canto, achegando a Lugo a unha serie de directores de orquestra para participar en formacións da man de profesionais recoñecidos.
Programación IV Lucus Music Festival
Luns 18/08 20:30h – Praza Anxo Fernández Gómez
Concerto introdutorio de músicas populares e tradicionais da Banda Sinfónica
Dirección: Armando Morales
Martes 19/08 20:30h – Circulo das Artes
Recital de novos talentos
Solistas:
Eduardo Díaz (Clarinete)
Claudia Rico (Saxofón)
Andrés Álvarez (Trompeta)
Xián Blanco (Danza)
Pianista:
Miguel Ángel Fernández
Mércores 20/08 20:30h – Circulo das Artes
Recital de trompa e piano
Intérpretes:
Marta Isabella Montes (Trompa)
Andrea Vilar (piano)
Xoves 21/08 12:30h – Rúa Quiroga Ballesteros
Ensaio aberto da Big Band
Xoves 21/08 20:30h – Praza Maior
Concerto da Big Band
Vocalistas:
Tabea Graser
Ana López
Venres 22/08 12:30h – praza de Santo Domingo
Ensaio aberto do Ensemble Xuvenil
Venres 22/08 20:30h – Capela de Santa María
1ª Parte: Ensemble Xuvenil
2ª Parte: Quinteto de Cordas
Sábado 23/08 20:30h – Círculo das Artes
Concerto de clausura da orquestra de cámara e saxofón solista (Xurxo Morales)
Final do IV Campus-Concurso de Dirección musical.
Fotografía: Lugo Music Festival.