Na VI Copa Deputación de Fútbol Sala participarán 41 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª
Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina e disputarase entre o 30 de agosto e o 2 de novembro.
O sorteo dos emparellamentos celebrouse este martes no Pazo de San Marcos , coa presenza de representantes dos clubs participantes e da
Federación Galega de Fútbol en Lugo – Pablo Prieto, presidente, Carlos Méndez, vicepresidente, e Iván Pico, responsable de fútbol sala da
Federación na provincia de Lugo- , que sinalaron que a provincia de Lugo é a única que conta con esta competición, equiparando o fútbol sala a fútbol campo.
Imaxe: fotografía pixabay