Comeza a Feira do Libro de Monforte que permanecerá aberta ata o sábado 23 de agosto

Hoxe tivo lugar a inauguración da Feira do Libro de Monforte, a última parada do circuíto impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación de Librarías de Galicia, e que se estenderá ata o sábado 23 de agosto na rúa do Cardeal.

Baixo o lema Onde florecen os libros, esta feira foi inaugurada coa lectura do pregón a cargo da escritora Estefanía Padullés, e permanecerá aberta ao público ata o sábado 23 de agosto, en horario de 11,00 a 14,00 e de 19,00 a 22,00 horas.

Monforte é a última das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras iniciar o percorrido en Ferrol e pasar xa por Santiago de Compostela, Lugo, O Porriño, Redondela, Ourense, Vigo, Ponteareas,
Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz, a Feira do Libro chega agora a Monforte ata o 23 de agosto como última oportunidade para desfrutar deste circuíto. As trece feiras do libro e as súas propostas, forman parte da campaña de estío Para gustos, cultura.

Así mesmo, nestas 13 paradas das feiras participaron preto de 100 librarías, editoras e bibliotecas e realizáronse preto dun milleiro de iniciativas que serven para impulsar a lectura e achegala a todos os recunchos da sociedade, mostrando así o compromiso do Goberno galego por impulsar e dinamizar a cultura, facéndoa accesible a toda a poboación ao abeiro da Lei de cultura inclusiva de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com