Todo parece indicar que por fin a actual subdelegada do Goberno en Lugo Isabel Rodríguez poderá dimitir, unha vez que os socialistas lugueses atoparon a persoa acaída para este posto e parece ser que dita responsabilidade recaerá en Olimpia López, vicesecretaria do PSdG de Lugo.
Isabel Rodríguez viña expresando dende hai tempo a súa vontade de deixar o cargo e abandonar a política pero por diversos motivos o partido socialista no tomaba a iniciativa para a súa substitución, pero foi agora co inicio do novo curso político que o relevo se vai producir.
Olimpia lópez e funcionaria da Xunta de Galicia en Lugo do grupo A1, condición indispensable para acceder a este cargo e vive en Navia de Suarna, onde goberna o socialista José