O próximo luns comezará en Lugo a XLVII Semana de Cine de Lugo

O próximo luns comezará en Lugo a XLVII Semana de Cine de Lugo. Ao longo de toda a semana haberá actividades especiais, ademais das proxeccións cinematográficas, da que hai unha ampla información na web da Semana de Cine.

Dentro das actividades destacan:

– A Muralla, 25 anos despois da declaración de “Patrimonio da Humanidade”. Exposición “Un cuarto de século despois. A muralla, punto de mira”. Obras de fotógrafos de prensa de Lugo.

– 90 anos de radio en Lugo. Exposición “A Radio da nosa vida / A nosa vida na radio”. Com Tomina Gay, Paco Rivera, Chema Núñez Losada e Lembranza de Marcial González Vigo.

– O Nadal en setembro. Homenaxe aos 53 anos do Belén de Begonte, en colaboración coa asociación José Domínguez Guizán. Presentación de novos elementos que se incorporarán ao Belén.

– O Alzheimer. Mesa redonda en colaboración coa Academia de Enfermaría de Galicia, Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo , Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU) e Servicio de Xeriatría do Hula. Modera: Isidoro Rodríguez, Presidente da Academia Galega de Enfermaría.

– Homenaxe á fotógrafa sarriá Mercedes Vázquez Saavedra

– Homenaxe á actriz chantadesa María Vázquez, coa edición do libro “María Vázquez, de María a Matria”, de Manuel Curiel, e colocación da súa placa no Paseo do Cine”.

– Placa a Enrique Muiño, “o gaucho galego”, no Paseo do Cine.

– 100 anos de “A quimera do ouro”, de Charlot, que se conmemora no cartel anunciador, obra do lucense Primitivo Marcos.

– Cine en Aspnais. Ciclo en colaboración coa Asociación Provincial de Pais e titores de persoas con discapacidade intelectual.

– Cine nos centros penitenciarios de Bonxe, Teixeiro e Monterroso en colaboración coa Asociación Concepción Arenal.

– Concurso de escaparates de cine en Lugo, en colaboración con Lugo Monumental.

. Música de cine na inauguración da Semana pola Banda Sons e Soños, Banda da Semana, dirixida por Armando Morales, coa actuación da regueifeira Lupe Blando.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com