Na xornada de hoxe e coincidindo co día mundial sen coches, o bus urbano pode utilizarse de maneira gratuíta durante toda a xornada.
Ademáis, pola tarde, a praza Horta do Seminario acollerá unha serie de actividades para toda a veciñanza, con postos de información sobre a Tarxeta Cidadá e as liñas do transporte urbano, ademais de contar cun autobús híbrido onde se realizarán actividades para as nenas e nenos que se acheguen.
A celebración do Día sen Coches remóntase ao ano 1994, coas cidades de Reikiavik en Islandia, La Rochelle en Francia e Bath no Reino Unido exercendo como pioneiras desta iniciativa. No ano 1997, Gran Bretaña celebrou a nivel estatal o Día Sen Coches, sendo o primeiro estado en impulsar a celebración desta data. A Comisión Europea declarou no ano 2000 o Día Europeo sen Coches, como data de remate da Semana Europea da Mobilidade, que ten como obxectivo concienciar á poboación do uso do transporte público e dos medios de transporte alternativos, reducindo a dependencia do vehículo privado.