Samos acollerá un tramo do Rally San Froilán, que se celebrará o 18 de outubro

Samos acollerá por primeira vez un dos treitos do Rally San Froilán, que se celebrará o 18 de outubro.

Será un percorrido de 11, 4 km, cun percorrido moi técnico, que se inicia na estrada de Estraxiz e que conclúe preto do Mosteiro. A
primeira pasada está prevista ás 18:45 horas e a segunda, ás 22:25 horas.

Samos debuta así no Rally San Froilán pola porta grande xa que será o último treito da proba e, por ende, do Campionato Galega, que remata co rally lucense.

A alcaldesa de Samos Chus López destacou que “desde que chegamos ao goberno multiplicáronse as actividades en todos os ámbitos e hoxe
estamos moi orgullosas de anunciar que o noso concello acollerá por primeira vez o Rally San Froilán, que é unha das probas deportivas máis
destacadas das que se celebran en Galicia e no Estado. Temos ademais o aliciente de que o tramo, que será o último, pode ser decisivo tanto
para o desenlace do Rally como do Campionato Galego”.

O Rally pasará tamén por estradas dos concellos de Outeiro de Rei, O Corgo, O Páramo e Sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com