Esta tarde a Xunta emitiu un comunicado no que pide ao Concello de Lugo que “abandone a permanente confrontación e asuma a titularidade do aparcadoiro da avenida de Breogán executado no seu termo municipal e, polo tanto, a súa explotación, mantemento e conservación coa finalidade de abrilo e poñelo a disposición da cidadanía”. Nesta liña, critica que, “un día despois de que o Concello contactase coa Dirección Xeral de Mobilidade, amosando a boa vontade para a recepción do aparcadoiro, o alcalde, Miguel Fernández accedese hoxe ao recinto, que actualmente aínda é de titularidade do Goberno Galego e está pechado e valado, para facerse unha foto reivindicativa sobre o estado das zonas verdes e a zona de drenaxe, que o Goberno galego xa solventou”.
“Cómpre lembrar que a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, remitiu unha carta o pasado xuño ao alcalde, Miguel Fernández, informando da finalización e estado das obras de drenaxe demandadas polo Concello e executadas entre abril e maio para corrixir as augas de escorrenta coa implantación dunha obra de drenaxe transversal na rúa Monte Pena Rubia”. A pesar de que, segundo o goberno Galego, tratábase dun problema preexistente ao aparcadoiro, e en aras de avanzar na problemática, leváronse a cabo estas reformas. Ademais, e tamén “a solicitude municipal”, retiráronse algunhas pedras das zonas verdes e outros traballos. Subliña a Xunta.
Por outra parte, e tras a resposta do concello reclamando de novo unha serie de modificacións no aparcadoiro, entre os días 1 e 3 de outubro realizáronse traballos de roza, e outras mellora.
Segundo a administración autonómica, a Xunt,“destinou un investimento de case 1,2 millóns de euros na construción do aparcamento disuasorio da Avenida de Breogán, financiado pola UE ao abeiro dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Este espazo, cuxas obras remataron en outubro do ano pasado, permitirá dotar ao barrio da Residencia de 148 novas prazas para estacionar, 14 delas