Continúan as obras de mellora do firme da A-6 na provincia de Lugo

Continúan as obras de rehabilitación estrutural do firme da calzada esquerda da autovía A-6, entre os quilómetros 480 e 540,44 (do Corgo a Guitiriz. O obxectivo é corrixir as deterioracións que presenta o firme, mellorando así a seguridade viaria e a comodidade na circulación. Por iso, e para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, desde esta mañá e ata o 4 de decembro, producirase o corte total do tráfico da calzada esquerda sentido Madrid da A-6, no termo municipal de Lugo, nos tramos e horarios indicados a continuación:

Desde o luns 27 de outubro ata as 24h do martes 4 de novembro, entre os km 491,3 e 494,4. Nesta fase verase afectado a ligazón da A-6 coa LU- 530 situado no km 494 e veranse restrinxidos os movementos de saída de vehículos cara a Lugo e A Fonsagrada e de incorporación de vehículos en dirección Madrid.

Desde as 9h do luns 3 de novembro ata as 24h do xoves 4 de decembro, entre os km 487,1 e 491,3. Nesta fase verase afectado a ligazón da A-6 en Nadela situado no km 488 no que se verán restrinxidos os movementos de saída de vehículos cara á A-54 e a N-6 e a incorporación de vehículos desde estas á a A-6 en dirección Madrid.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante a devandita afectación, habilitaranse transfers entre pasos de mediana, pasando a circular todo o tráfico pola calzada dereita da autovía (sentido A Coruña), que operará en modobidireccional cun carril habilitado por sentido de circulación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com