As obras que Xestur está a executar no polígono empresarial das Gándaras, e que afectan ás ampliacións contempladas nas fases IV e V, obrigarán ao corte da subministración de auga o vindeiro martes, 18, a partir das 07.00 da mañá, en varias zonas de Lugo. De feito, desde o Concello de Lugo xa informaron da interrupción do subministro tanto á residencia de maiores das Gándaras como ao Hospital Universitario Lucus Augusti, para que poidan ter preparados os depósitos de auga dos que dispoñen e cubrir así o abastecemento durante o corte do subministro.
O corte de auga afectará, ademais de á parte superior do barrio das Gándaras, á citada residencia e ao Hula, aos barrios e parroquias de Cima de Vila, A Campiña, A Fervedoira e Muxa.




