Concerto de “Le parody” este venres 28 de novembro, na sala Tebras

Este venres, 28 de novembro ás 20:30h  e da man de Teleclube chega a sala Tebras o grupo Le Parody, todo un referente do flamenco-electrónica.

Le Parody é o proxecto musical de Sole Parody, cantante e compositora andaluza que combina nas súas cancións pop escuro, folclores tribais, flamenco e electrónica de baile.

Entre o tecnolóxico e o melodramático, usando sílabas en castelán, estruturas sen retrouso e só instrumentos que caiban nunha maleta de man, conecta cunha infinidade de influencias esvaecidas, dos Andes á India pasando polos desertos do norte de África. Fai cancións de amor e desamor, de revolucións, corpos, bailes.

Cancións que “soan familiares” pero “non se parecen a nada”. A música que conecta os puntos entre Björk e Julieta Venegas. A que cabería no oco que separa unha verbena dunha rave. Non menos xenuíno que as súas composicións é o seu singular formato de directo: Sole combina o manexo de sampler e pedais, mesturando en vivo as distintas capas de loops que compoñen as súas cancións, coa presenza dunha atípica cantautora folk, valéndose de voz e electrónica para tecer melodías e ambientes que arrastran á audiencia ao baile. Do frío ao lume. De casa ao descoñecido.

Entradas en: https://entradium.com/es/events/le-parody-en-lugo

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com