O dispositivo da Deputación despexa a neve das estradas na Montaña e alerta que o peor chegará cara o mediodía

A Deputación de Lugo está a traballar estes días nas estradas da Montaña para despexar a neve e facilitar así a circulación nesta zona da provincia. O dispositivo despregado pola institución provincial conta cun total de 16 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio e 48 operarios que centran hoxe os seus esforzos nos concellos da provincia con cotas

Só os municipios de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela contan cunhas 180 estradas provinciais que teñen en total máis de 1.000 quilómetros de lonxitude.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén hoxe a alerta amarela por nevaradas na Montaña de Lugo, onde se esperan acumulacións de neve por riba dos 5 centímetros en cotas superiores aos 1.000 metros. O fronte chegado de Groenlandia que golpea Galicia esta fin de semana fai necesario extremar a precaución á hora de circular. Nese sentido, os técnicos da Deputación que traballan sobre o terreo esperan que o peor chegue a partir do mediodía.

A Deputación de Lugo conta cun operativo conformado por un total de 112 persoas e 64 máquinas para garantir a seguridade nos máis de 4.200 quilómetros das estradas provinciais durante o período invernal. A institución tamén conta con 420 toneladas de sal distribuídas nos 12 silos repartidos polo territorio e traballa de xeito coordinado coas 8 empresas dedicadas á conservación e mantemento da rede viaria provincial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com