Dilema

Cando hai folga no ensino, pode que haxa quen pregunte polo que a motiva, pero a preocupación que na casa dos alumnos suscita é a de como solucionar a presencia duns rapaces na casa, rompendo o costume habitual.

Na última semana deuse o caso nun instituto de Lugo dun aviso previo, comunicando o centro a existencia da folga, con servizos minimos, polo que a atención ao alumnado non podería ser a habitual. A comunicación agradécese como aviso a navegantes, máis se a posteriori se comproba que algúns asistentes ás clases pasaron o tempo escolar no patio de recreo, mentras que outros disfrutaron na mesma aula de entretemento a base de proxeccións audiovisuais. Cando algún pai a posteriori xustificou ao centro a falta por causa da folga, o razonamento non lle foi admitido, porque puido ter enviado ao alumno ao centro, suponse que para facer vulto, ou que se notase máis a repercusión da protesta.

Ninguén discute o dereito dun traballador de ir á folga, independentemente de que a repercusión sexa moi diferente segundo o posto de traballo. O que se discute, o que hai que razoar, é a claridade na exposición aos pais do que vai acontecer cos seus fillos, e non lavarse as mans con exemplo non moi claro da conxunción do dereito á folga coa responsabilidade educativa.

O dilema non é ”folga si ou non”, senón simplemente plantear, razonar se os fillos deben/poden acudir ou non ás clases. A mesma valentía que supón exercer o dereito de folga hai que aplicala na solución que os afectados poden/deben adoptar. Non é doado o dilema. Pero nada hai doado de decidir nesta vida, e os profesores deben ser os primeiros en solucionar dilemas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com