Mañá sábado, 27 de decembro, o director Lois Patiño visita os Codex Cinema para presentar o seu último filme “Ariel”. Será ás 20:00h cando Patiño fará unha breve presentación do filme e ao remate do mesmo haberá un coloquio.
“Ariel” o novo filme de Lois Patiño inspirado en Shakespeare conta a viaxe de Agustina Muñoz, actriz arxentina de orixe galega, visita á súa familia nunha aldea galega na fronteira con Portugal. Instalada na casa onde pasou a infancia a súa aboa, aproveita eses días para ensaiar o texto en portugués de “A Tempestade”, de William Shakespeare, pois foi convidada por unha compañía de teatro para representar a obra nunha illa do arquipélago das Azores. Viaxa ate alí en barco, mais cando chega non atopa a ninguén da compañía nin a ninguén que pareza saber algo do espectáculo.





