Dúas persoas feridas tras un accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado ao mediodía na estrada N-642, á altura do quilómetro 35, ao seu paso pola parroquia de Fozouro, no concello de Foz.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12:35 horas, tras recibir a chamada dun particular implicado no accidente. Na primeira comunicación indicaba a presenza dun vehículo envorcado e a posibilidade de que houbese unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia mobilizáronse de inmediato os recursos necesarios, alertando aos Bombeiros de Barreiros, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como aos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que foi necesario empregar material de excarceración para liberar a unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos, concretamente o condutor do turismo que non envorcara. Finalmente, ambos os condutores foron trasladados en ambulancia ao hospital de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com