Excarcerada unha persoa tras unha saída de vía na Pontenova

O accidente ocorreu arredor das 14:20 horas. O particular que alertou ao 112 Galicia indicou que se producira unha colisión no quilómetro 3 da LU-704. Xa indicaba que os implicados non daban saído do turismo.

Con isto, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova e á Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no punto, os membros do GES usaron o material de excarceración para liberar a unha persoa. Finalmente houbo dous feridos, os cales foron trasladados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com