O PP de Monforte denuncia que Tomé “imponse un soldo despois de que o PSOE o obrigase a dimitir e quedar sen asignación na Deputación”

Concelleiras e concelleiros do Grupo Municipal de Monforte denuncian que José Tomé  asignarse unha nova dedicación exclusiva anual de 85.307,63€”. E isto farao “co amparo e apoio incondicional” dos edís do Grupo Socialista” que o luns a ratificaran un decreto de alcaldía, é “dicir, unha decisión unilateral do alcalde, para asignarse unha nova dedicación exclusiva anual de 85.307,63€”.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “isto débese a que como perdeu o seu soldo como presidente da Deputación, debido a que o seu propio partido obrigouno a dimitir por unha denuncia dun presunto delito de acoso sexual, agora Tomé decide asignarse un soldo á conta do erario publico”.

Varela explica que “entendemos que deben remunerarse determinados cargos de xestión, pero dadas as circunstancias, nas que o alcalde deixou de cobrar un soldo na Deputación porque o seu partido decidiu apartalo pola denuncia de presunto acoso sexual, entendemos que o ético e correcto sería dimitir e, en caso de non facelo, non asignarse unilateralmente semellante soldo”.

Comprar o silencio da corporación

Ademais, Katy Varela denuncia “o intento de comprar o silencio dos concelleiros da corporación por parte do alcalde para que esta “decisión unilateral de Tomé non transcendese”. Para elo, segundo a concelleira popular, xunto co seu soldo, Tomé pretende aprobar a subida de asignación por asistencia a órganos colexiados, pasando dos 150€ actuais a 200€.

“O que está a facer o alcalde con esta proposta é tentar comprar o silencio dalgúns concelleiros socialistas que non están de acordo con esta decisión, e tentar comprar o silencio da oposición, pero como ve o señor Tomé, polo menos aos concelleiros do PP non nos pode comprar”, sentenciou

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com