Activado un operativo especial ante a chegada da borrasca Ingrid que deixará neve, vento e xeo

A Deputación de Lugo activa un operativo especial ante a chegada da borraca Ingrid, un fronte de frío ártico que que se espera afecte á provincia desde a madrugada deste venres, deixando intensas chuvias, vento forte e neve en cotas baixas, especialmente nas zonas de montaña, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). O dispositivo despregado pola institución provincial conta cun total de 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 vehículos todoterreo de apoio para atender incidencias como árbores caídas e 64 operarios.

Así mesmo ten activos a totalidade dos 13 silos que ten repartidos pola provincia con 500 toneladas de sal para asistir e apoiar aos concellos durante estes días.  Os concellos deberán notificar á institución provincial a retirada de sal dos depósitos para levar un control do seu uso e garantir a súa correcta distribución e dispoñibilidade durante a alerta meteorolóxica.

O dispositivo provincial xa está facilitando o paso do transporte escolar para garantir a chegada dos nenos e nenas da Montaña aos centros educativos, e continuará operando de maneira reforzada durante este venres e de cara a fin de semana, adaptándose á evolución do temporal.

A institución provincial alerta á cidadanía que a partir deste venres extremen a precaución, especialmente nas estradas de zona de Montaña onde se poden formar placas de xeo ou acumulación de neve por riba dos 5 centímetros en cotas de neve que poderían descender desde 700 e 800 metros ata os 400 metros ao final do día, o que eleva o risco e dificultade na circulación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com