O filme Sirat, prosegue facendo historia e sitúa a Galicia no foco do cinema internacional. A próxima gala de entrega dos premios Óscar pode ser a que dea o primeiro Oscar ao cinema galego, xa que por primeira vez, un filme dirixido por un cineasta galego opta aos premios da Academia de Hollywood.
A obra de Oliver Laxe conseguiu dúas importantes nominacións: mellor película internacional e mellor son. Sirat competirá nestas categorías con producións de gran prestixio, entre as que destaca Sentimental value.
Estas dúas nominacións para Sirat supóñen un impulso máis para o cinema galego e confirma a proxección internacional dunha cinematografía que, nos últimos anos, vén colleitando recoñecementos nos festivais de máis sona. A presenza de Sirat nos Óscar marca un antes e un despois para a cultura audiovisual do noso país






