O Concello pecha de novo os parques da cidade ante a previsión dun novo temporal

O Concello de Lugo informa de que a partir das 11:00 horas de hoxe, xoves 29 de xaneiro, está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade, ante a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía da chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por ventos de compoñente oeste que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán ao centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións e que non se acheguen ata as zonas verdes municipais con arboredo ata que remita este temporal, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com