Presentada en Lugo a 1ª edición dos Premios Dalle Like para recoñecer o talento dixital galego

Onte presentaronse na capital lucense os Premios Dalle Like, unha iniciativa que conta coa colaboración do Executivo autonómico e que ten como finalidade recoñecer o talento galego no ámbito dixital e das redes sociais. Á presentación asistiron  o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias.

A gala de entrega destes galardóns celebrarase o 16 de maio no Círculo das Artes e reunirá creadores de contido, proxectos dixitais e marcas galegas que destacan pola súa creatividade, impacto e capacidade de conectar coas novas audiencias.

Durante o acto, os representantes autonómicos puxeron en valor a capacidade destes perfís para levar a cultura e a lingua de Galicia ás plataformas sociais, subliñando que contribúen a visibilizar o talento existente na comunidade e a reforzar a presenza e proxección da identidade galega no ámbito dixital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com