O Goberno Municipal perde a maioría ao abandoar Reigosa o grupo socialista e pasar a non adscrita

A concelleira de Lugo María Reigosa presentou este luns a súa renuncia a formar parte do goberno local e solicitou pasar a ser edil non adscrita. Reigosa accedeu á corporación en outubro tras o falecemento de Pablo Permuy.

Con esta decisión, o executivo municipal formado por PSOE e BNG queda en minoría, con doce concelleiros, fronte aos doce do PP e a acta da propia Reigosa, que pasa a ser determinante nas votacións.

A edil formalizou a súa decisión mediante rexistro municipal. Segundo indicou, apoiará os orzamentos do Concello, cuxa aprobación definitiva está prevista nun pleno esta semana, aínda que non se confirmou se a súa saída do goberno será efectiva antes desa sesión.

Nas últimas semanas xa se evidenciara un afastamento entre Reigosa e o resto do executivo, ao desmarcarse en varias votacións e coincidir co voto da oposición en distintos asuntos municipais.

A situación supón un cambio no equilibrio político do Concello, que pasa a depender do posicionamento da concelleira non adscrita para sacar adiante as iniciativas do goberno.

Foto: Galicia Dixital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com