O mércores inaugurase a Exposición “Sempre en Galiza” na Escola Politécnica Superior de Lugo

O mércores, 8 de abril,  ás 7 da tarde, no Salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, terá lugar a inauguración da exposición “Sempre en Galiza”.

Esta exposición, producida para a Deputación Provincial de Lugo por Merlín Comunicación e a editorial Galaxia, está comisariada polo Profesor D. Xosé Henrique Monteagudo Romero, actual presidente da Real Academia Galega.
A mostra ten como fio conductor a obra “Sempre en Galiza”, de Castelao e estrutúrase en oito paneis expositivos artellados en 4 apartados:
1.- Castelao de “Sempre en Galiza” ao Consello de Galiza. 1934-1944.
2.- “Sempre en Galiza”. Adro e libro I. 1934-1938.
3.- Nova York. Buenos Aires. 1939-1944.
4.- Buenos Aires. París. Consello de Galiza. Ministro do Goberno no exilio. 1944- 1948.

A mostra lémbranos a un Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, consciente do seu país e dos tempos que lle tocou vivir… e, 75 anos despois da súa morte, achéganos unhas ensinanzas de proveito para os tempos de hoxe.

A Asociación “Estudantado do Cuarto Ciclo do Campus de Lugo” fai un convite á cidadanía lucense a participar na exposición “Sempre en Galiza”

Exposición que se inaugura o 8 de abril de 2026 e que permanecerá ata o remate do mes na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com