O ilusionista Mago Antón ofrecerá o sábado 11 de abril un espectáculo en Castroverde para conmemorar os 50 anos de de carreira artística deste destacado mago lucense A proposta, titulada “50”, forma parte, como diciamos, da conmemoración do medio século de traxectoria do artista no ámbito do ilusionismo.
A función terá lugar no Magomóbil, un espazo escénico itinerante no que se combinan números de maxia de preto e grandes clásicos co apoio de materiais audiovisuais. Estes contidos repasan distintos momentos da súa carreira, incluíndo episodios destacados e a presenza do personaxe de ventriloquía Facundo.
O Magomóbil instalarase na Praza do Concello, onde se programaron cinco pases ao longo da xornada: ás 12:30, 17:00, 18:30, 20:00 e 21:30 horas. A entrada será de balde e o acceso realizaráse por orde de chegada.
A xira continuará nos vindeiros meses con actuacións noutros concellos da provincia, como Pantón, Riotorto, Muras e Burela.






