O Museo Provincial de Lugo acollerá este venres, 5 de xuño, ás 18.30 horas, un encontro arredor da figura de Nicandro Ares Vázquez, coincidindo coa conmemoración do centenario do seu nacemento, que se cumprirá o domingo 7 de xuño.
A iniciativa, pretende poñer en valor a contribución de persoeiros vinculados ao Museo Provincial e divulgar o legado de investigadores relacionados coa historia e a historiografía lucenses. O acto enmárcase tamén no lema do Día Internacional dos Museos 2026, “Museos unindo un mundo dividido”.
A xornada contará coa académica da Real Academia Galega María Dolores Sánchez Palomino que fará a presentación e posteriormente celebrarase unha mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro na que participarán Felipe Arias Vilas, Enrique Montenegro Rúa e Antón Santamarina Fernández, todos eles coñecedores da vida e da obra de Nicandro Ares.
Sacerdote e investigador, Nicandro Ares (Santa Eulalia de Bóveda, 1926-2017) desenvolveu unha intensa actividade nos campos da filoloxía, a arqueoloxía, a epigrafía e a historia. Entre as súas principais achegas destacan os estudos sobre o conxunto monumental de Santa Eulalia de Bóveda, os traballos sobre a toponimia da provincia de Lugo e as investigacións sobre a epigrafía romana e medieval, converténdose nunha referencia nestes ámbitos.
O encontro está aberto á cidadanía e busca crear un espazo de reflexión e divulgación arredor da figura dun dos principais estudosos da historia e do patrimonio lucenses.
O Museo Provincial de Lugo acollerá este venres, 5 de xuño, ás 18.30 horas, un encontro arredor da figura de Nicandro Ares Vázquez, coincidindo coa conmemoración do centenario do seu nacemento, que se cumprirá o domingo 7 de xuño.
A iniciativa, pretende poñer en valor a contribución de persoeiros vinculados ao Museo Provincial e divulgar o legado de investigadores relacionados coa historia e a historiografía lucenses. O acto enmárcase tamén no lema do Día Internacional dos Museos 2026, “Museos unindo un mundo dividido”.
A xornada contará coa académica da Real Academia Galega María Dolores Sánchez Palomino; e da directora do Museo Provincial. Posteriormente celebrarase unha mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro na que participarán Felipe Arias Vilas, Enrique Montenegro Rúa e Antón Santamarina Fernández, todos eles coñecedores da vida e da obra de Nicandro Ares.