O quiosco da Praza Maior de Lugo reabre con aseos públicos e un punto de información turística

O Concello de Lugo abriu esta semana ao público o quiosco da Praza Maior, que pasa a funcionar como punto de información turística e servizo de aseos públicos tras varios anos sen actividade.

A alcaldesa, Elena Candia, visitou as instalacións xunto aos concelleiros Agustín Gallego e Antonio Ameijide para comprobar o funcionamento do novo equipamento. O quiosco abrirá todos os días de 10.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Segundo informou o Goberno local, a reapertura foi posible despois de completar a incorporación do inmoble ao patrimonio municipal e executar os traballos de acondicionamento. O edificio pasou a ser de titularidade do Concello tras concluír o procedemento administrativo iniciado despois de quedar deserta a súa poxa pública.

O Executivo municipal destaca que a actuación permite recuperar un espazo sen uso para ofrecer dous servizos de utilidade tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan a cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com