Lugo recibe aos 200 participantes da Ruta Quetzal 2026

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia e Javier Vázquez ,concelleiro de cultura, recibiron na Casa do Concello aos 200 participantes da Ruta Quetzal 2026, unha expedición xuvenil de carácter educativo e cultural que este ano percorre Galicia para conmemorar os 900 anos do Reino de Galicia baixo o lema Tras as pegadas de Urraca a Temeraria.

Os expedicionarios, procedentes de todas as comunidades autónomas e seleccionados polos seus méritos académicos e persoais, realizaron durante a súa estancia na cidade unha visita aos principais enclaves patrimoniais de Lugo antes de continuar a súa viaxe cara a Santiago de Compostela.

Durante a recepción institucional, Candia agradeceu á organización que incluíse Lugo no itinerario desta edición e destacou o valor da iniciativa para achegar ás novas xeracións á historia, ao patrimonio e aos valores da convivencia e da cooperación. A alcaldesa animou tamén aos participantes a coñecer a cidade e a converterse en embaixadores de Lugo, expresando o desexo de que no futuro poidan regresar para desenvolver nela os seus proxectos persoais ou profesionais.

A Ruta Quetzal combina actividades educativas, culturais e de divulgación histórica con experiencias centradas na cooperación, o respecto polo medio ambiente e a superación persoal. A edición de 2026 conta co patrocinio da Axencia Turismo de Galicia e finalizará nos próximos días en Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com