O Concello aproba o Plan Estratéxico de Subvencións 2026-2028 cunha previsión de 3,7 millóns de euros para o vindeiro ano

A Xunta de Goberno Local aprobou o novo Plan Estratéxico de Subvencións 2026-2028, o documento que fixa a planificación das axudas municipais para os próximos tres exercicios e que substitúe ao anterior, que permanecía caducado desde decembro de 2025.

O plan establece o marco que rexerá a concesión de subvencións municipais entre os anos 2026 e 2028, definindo as distintas liñas de axuda, os seus obxectivos, os colectivos destinatarios e a planificación económica das convocatorias e convenios que poderá impulsar o Concello durante este período.

Para o exercicio 2026, o documento prevé unha dotación global de 3.698.243,25 euros, destinada a financiar actuacións en ámbitos como os servizos sociais, a cultura, o deporte, a participación cidadá, o comercio, o emprego, a igualdade, o medio ambiente e a dinamización económica.

Desde o Goberno local destacan que este instrumento permitirá dar continuidade ao apoio municipal ás entidades, colectivos e iniciativas que contribúen ao desenvolvemento social, cultural, deportivo e económico da cidade, ao tempo que dota de maior planificación e seguridade á política de subvencións.

A aprobación do Plan Estratéxico constitúe un requisito previo para a convocatoria das distintas liñas de axudas municipais e servirá de referencia para a programación das subvencións durante os próximos tres anos, sen prexuízo de que a súa execución quede condicionada á dispoñibilidade orzamentaria e á concreción das correspondentes convocatorias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com