Esta mañá foi localizado nas inmediacións do barrio da Cheda o corpo sen vida de Carmen López, coincidindo co inicio dunha nova xornada de busca tras a súa desaparición.
Confírmanse así os peores presaxios. Agora haberá que agardar aos resultados da autopsia que realizará o Instituto de Medicina Legal para determinar as causas do falecemento.
A moza desaparecera o pasado 21 de xullo, e fora vista por última vez na rúa Divina Pastora, do barrio da Milagrosa. Durante estes días rastrexarase sen éxito diferentes lugares da contorna onde a vítima traballaba e onde o seu teléfono móbil deu sinal por última vez, o pasado venres 24 de xullo.





