Lugo lembra a Alexandre Bóveda no Día da Galiza Mártir

O Concello de Lugo organizou este luns, Día da Galiza Mártir, un acto en lembranza da morte de Alexandre Bóveda que serviu tamén para homenaxear todas as vítimas da ditadura.

Concelleiros do Partido Popular e do BNG, xunto con outros representantes institucionais, concentráronse ao mediodía no recinto do Vello Cárcere, onde tivo lugar a homenaxe. O acto foi impulsado hai seis anos polos nacionalistas.

Antes da convocatoria institucional, os representantes do BNG participaron noutra homenaxe xunto ao busto de Moncho Reboiras, situado nas inmediacións do antigo cárcere. Neste recinto estiveron detidos e posteriormente fusilados, numerosos lucenses que se opuxeron aos sublevados tras o golpe de Estado de 1936.

O PSOE non asistiu ao acto institucional. Os socialistas explicaron a súa ausencia pola negativa do Concello, hai un par de meses, a ceder o Vello Cárcere para a celebración dun acto relacionado coa memoria democrática.

O Goberno local negou que se rexeitase formalmente a cesión do recinto. A alcaldesa, Elena Candia, que non participou na homenaxe deste luns, afirmou que o PSOE realizou unicamente unha consulta verbal e que non chegou a presentar unha solicitude oficial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com